CURSOS
Monitor-a de Tempo Libre oficial
(250 h)
Inicio da actividade: 16-03-2024
Fin da actividade: 31-12-2024
Dias da actividade: Sábados e domingos pola mañá
Horarios: Según descrición (https://qrcd.org/6wfp)
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: Min. 15 prazas - Máx. 20 prazas
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: Antiga escola de Moreira
Inscricións: ata: CUBRIR PRAZAS
|
DESCRICIÓN Titulación mínima requerida da ESO ou equivalente.
Contidos: os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en paddle surf, en kaiak, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade, formación en necesidades especiais alimentarias, etc. O curso consta de 200 h teórico - prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos.
Modalidade: mixta 150 h presenciais e 50 h en liña correspondentes coa parte teórico práctica.
Datas e horarios da formación impartida presencialmente (150 h): pendentes de fixar á espera de conseguir grupo.
Os horarios serían os sábados de mañá de 09:00 a 14:00 h e de tarde de 16:00 a 21:00 h e os Domingos só de mañá de 9:00 a 14:00 h.
MPORTANTE: cando se consiga grupo poríamonos en contacto con cada persoa para comunicarlle datas e inicio do curso , indicando como proceder para facer o pago de matrícula.
Datas e horarios da formación impartida en liña (50 h). Domingos de tarde en liña non presenciais (horarios estipulados de 16:00 - 21:00 h pero serán orientativos porque non é preciso estar conectado/a no horario da formación en liña establecido para cada clase, dando a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante: 1. Entrega dunha actividade 2. Realización dun test de avaliación de 10 preguntas sobre a materia impartida. 3. Participación na dinámica grupal proposta.
As restantes 150 h prácticas realizaranse cando se remate a parte téorico-práctica nunha entidade de tempo libre. Haberá dous anos para facelas.
Non define opción Custe empadroados/as 130€ Custe NON empadroados/as: 212€ Cotas: 1 cota Modo de pago: Pago único Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante) Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868
|
* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
|