ACTIVIDADES
Fai Voluntariado
Inicio da actividade: 01-01-2024
Fin da actividade: 31-12-2024
Dias da actividade: do 01-01-2024 ao 31-12-2024
Horarios: Horarios variables
Destinatarios/as: 14 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: Sin límites
Acceso: De balde
Lugar da actividade: PENDENTE
Inscricións: ata: Inscricións permanentes
|
DESCRICIÓN
Quen é unha persoa voluntaria?
É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou do interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.
Quen pode ser persoa voluntaria?
Toda persoa que sexa sensible coas problemáticas da comunidade. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo. As accións voluntarias poderán ter algún requisito específico dependendo das características propias de cada acción e do perfil das persoas destinatarias.
As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa do seu pai/nai, dos seus titores/as ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da/o menor e tamén en función das características propias da acción voluntaria.
Por que ser voluntario/a?
Ademais, da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior, certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.
Inscricións e documentación necesaria
É obrigatorio inscribirse previamente para participar nesta xornada PORQUE cada acción forma parte do Plan Municipal de Voluntariado e a lexislación esixe que as persoas voluntarias estén dadas de alta para así contratar os seguros de RC, garantir os seus dereitos e tamén que sexan informados/as das súas obrigas (Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria).
-
Compromiso de colaboración/Acordo incorporación (descarge, imprima, asine e enví por correo á OMIX)
-
OMIX, Tel. whatsAPP 638822868, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Non define opción Modo de pago: Non reporta pago
|
|